_AKOCOMMENT_REPORTACOMMENT
_AKOCOMMENT_REPORTINTRO
_AKOCOMMENT_REPORTINTRO2
_AKOCOMMENT_COMMENTINQUESTION
19-04-2008 13:44
Cambio de mentalidade
¡Hola!, Chámome Isa e teño 26 anos. O día 4 de Abril estivestes no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo promocionando a película.Eu non oíra falar dela pero pareceume que o esforzo que estabades a facer para dala a coñecer ben merecía darlle unha oportunidade. Convencín ós meus amigos para ir o Domingo pasado a vela en Vigo.A cousa foi complicada, porque para todos nos ir ó cine é un aunténtico luxo, entre as entradas, e coller o coche para ir a Vigo (todos somos de Moaña e Bueu),ademáis todos estamos pagando un aluguer ou unha hipoteca,e eu por exemplo son becaria de investigación.....non che digo máis!Bueno o caso é que ó final convencín ó meu mozo e a dous amigos máis. Mentres iamos no coche eu iba pensando que como non lles gustara a película íanme linchar...jeje..xa que non viñan de boa gana. Pero non só lles gustou se non que saíron encantados e ademáis querendo montar unha gandería ecolóxica!! Xa sei que o tema central da película é unha historia de amor, e unha volta ós tempos do instituto, pero o que máis nos chegou a todos nos foi a idea de que merece a pena traballar en algo que che gusta aínda que cobres unha merda, e teñas que pasar moitas dificultades. Eu son a pequena do grupo, pero os demáis que se van achegando ós 30, a maioría teñen esa sensación, de pensar se de verdade merece a pena o que están facendo, o se sería mellor arriscalo todo e facer algo que enchera máis as súas vidas.
Bueno, resumindo, a película é xenial, conseguiu remexer algo no noso interior que supoño que é o que se busca cando se fai unha película, asi que noraboa a todos!!!
Seguiremos promocionándoa entre o resto dos amigos que aínda non foron vela.
Oxalá este sexa o principio de moitas outras películas que conten historias de verdade que xa estamos un pouco cansos de tanta americanada.
Bicos para todos e moita sorte!!!!!!
Por certo, pensabamos ir todos a Pradolongo de merenda algún día, ¿a zona onde está o lago é privada, ou pode ir calquera? ¿En que zona de Valdeorras está?
Graciñas!