¿Lembras o comezo do verán, o final do instituto, as tardes no río naquelas paisaxes que serán sempre as da túa mocidade?

¿Lembras cando estabas a piques de facerte maior, de aprender o mundo, cando todo era posible?

 

Benvidos a Pradolongo


Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.

Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.

Porque todos temos un Pradolongo. ¿Cal é o teu?

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

ZELTIA MONTES GAÑA O PREMIO JERRY GOLDSMITH POLA MÚSICA DE PRADOLONGO

·    O Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" otórgall a Zeltia Montes o Premio á Mellor Música en Longametraxe pola banda sonora da película. 

Ler +

Unha promoción made in Galicia

Podes ler o artigo de Faro de Vigo. Por Lois Docampo

Ler +

«Pradolongo» supera a Indiana Jones en taquilla na súa primeira fin de semana en Vilagarcía

Podes ler a nova en LA VOZ DE GALICIA

Ler +

Chegamos a Lugo

News image

  O mércores 7 de maio Ignacio, Rubén, Tamara e Roberto estarán en Lugo presentando a película, onde ás 20:00 protagonizarán unha sesión de firmas no Centro Comercial As Termas.A película...

Ler +
100%
-
+
4
Show options
_AKOCOMMENT_REPORTACOMMENT

_AKOCOMMENT_REPORTINTRO
_AKOCOMMENT_REPORTINTRO2

Nome:
 
Correo-e:
 
_AKOCOMMENT_REASON_REPORT
 
 
 

_AKOCOMMENT_COMMENTINQUESTION
21-04-2008 16:38
comentario
pareceme penoso , sinceramente que intentedes con esta pelicula batir records. non nos engañemos, esta pelicula triunfou en ourense e nas zonas galegas xk esta feita aki. levadea a madrid aer k tal lle vai. e a diferencia entre una pelicula galega e outra americana( mais k nada no preosuposto)). veña diexadevos de intentar facer parvadas e dedicadevos as vacas k nin nas peliculas as podedes sacar,... dades vergoña..__.. por esto nos consideran en outras cidades uns jailans , xk nos sabemos mais k falar de vacas, caldo , e merdas asi-..- = k o do idioma galego. esta moi ben usalo pro ai kada lei k ya se pasa. escribo en galego x educacion mais k por outra cousa. os actores son penosos. se nota k ainda non son profesionais. a peli se lle ocurre a un cativo de 10 anos nunha tarde aburrido-.. un saludo..,, soamente expreso a miña opinion , e se e verdade iso de k non hai man por medio, este comentario non deberia ser borrado pork e unha opinion mais. un saludo.null :eek :cry
Escrito por ferrolano (Convidado/a)
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com

Fotos dos amigos de Pradolongo

 

Amigos Pradolongo. Entra coa túa conta ou crea unha

O que di a xente sobre Pradolongo

felicidades
fasciname o traballo que estandes facendo levando a vosa película por algunhas vilas de galicia en especial castrelo do ...
14/07/08 12:09 Máis...
por Álvaro Alonso Salgado

Pois eu son de Cuntis só decirche que a película encantoume, que teño 16 anos e é a primeira película en galego que vexo...
17/06/08 20:53 Máis...
por Maria

Que guay a peli!!!
Hola Rubén! Son Laura, de A Estrada, a amiga de Rocío e de Tamara, que nos coñecemos no Teatro Principal. Este sábado po...
15/06/08 23:38 Máis...
por lauriña

PARA ROBERTO
ROBERTO ES MOI GUAPO E SIMPATICO QUE SEPAS QUE VOU GARDAR A TUA FOTO COMIGO COMA UN TESOURO BIKAZOS WAPISIMO
13/06/08 13:12 Máis...
por ALBA(ESCAIRON)

opinion
vin aos actores onte en escairon e foron moi amables con nos por iso lle queria agrecer que nos viñeran visitar outra ve...
13/06/08 13:07 Máis...
por almudena

Enquisas

E se Pradolongo agacha un valioso xacemento de lousa?
 

Últimos vídeos

PRADOLONGO CHEGA A CANARIAS JEJEJE
Pradolongo, o meu primeiro video público

Que podes facer aquí?

* Ver información sobre a película así como fotos e vídeos do equipo, dos actores, etc...

 

* Deixar os teus comentarios e as túas impresións, tanto se xa viches o filme como se aínda non. Podes comentar case todas as seccións, vai onde queiras e di o que che pareza!!

        · Se queres deixarlle un comentario a Rubén Riós preme aquí

        · Se queres deixarlle un comentario a Tamara Canosa preme aquí

        · Se queres deixarlle un comentario a Roberto Porto  preme aquí


    * Podes rexistrarte , crear un perfil propio, e facerte amigo/a Pradolongo. É ben sinxelo...e de balde.


    * Se te rexistras poderemos enviarche información da película, das súas presentacións, e ser testemuña privilexiada de como vai crecendo o fenómeno Pradolongo.


    * Os usuarios rexistrados poderedes subir fotos, vídeos, e ata ter un blog propio para compartir o teu Pradolongo se así o queres. A mandar!

 

   * Novo: a petición popular habilitamos un Faladoiro (¡chat!). Atento/a aos anuncios para poder volver a falar con Rubén, Tamara e Roberto.

 

 

 

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

Faladoiro Pradolongo (¡CHAT!)

Temos 1 convidados online