_AKOCOMMENT_REPORTACOMMENT
_AKOCOMMENT_REPORTINTRO
_AKOCOMMENT_REPORTINTRO2
_AKOCOMMENT_COMMENTINQUESTION
05-04-2008 19:53
DEXÉSOVOS MOITOS ÉXITOS
Ola! Estaba aquí informándome un pouco de como ía a vosa conquista galega e, felizmente, podo comprobar que non vai de todo mal.
A pasada semana seica estivéchedes na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo, onde eu estudo, pero non puiden asistir porque tiña clase, pero onte tiven a oportunidade de escoitarvos en Matamá e quedei encantada, e iso que aínda non vin a película (que de esta semana non pasa).
Alégrome moitísimo de que unha película "made in" feita na terra galega estea a recoller tan boa acollida. Os que loitamos por manter viva a cultura e a língua galega estamos orgullosos de que estes proxectos saian a flote porque anímanos máis a seguir traballando para que a nosa cultura sexa recoñecida como se merece. Exportar cine en galego fora das nosas fronteiras sería un grandísimo paso e unha base para novas longametraxes que poidan xurdir, que espero que sexan moitas porque os tradutores estamos desexando traballar con moito material audiovisual.
Noraboa ó director pola súa osadía e o seu traballo e, por suposto, tamén a tódolos personaxes, Rubén, Tamara, Roberto, Mela, etc.
Tentarei promocionarvos o máis que poida.
Cando mire a película volverei comentar impresións.
Un saúdo.