¿Lembras o comezo do verán, o final do instituto, as tardes no río naquelas paisaxes que serán sempre as da túa mocidade?
¿Lembras cando estabas a piques de facerte maior, de aprender o mundo, cando todo era posible?
Benvidos a Pradolongo
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...
Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.
Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.
· O Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" otórgall a Zeltia Montes o Premio á Mellor Música en Longametraxe pola banda sonora da película.
O mércores 7 de maio Ignacio, Rubén, Tamara e Roberto estarán en Lugo presentando a película, onde ás 20:00 protagonizarán unha sesión de firmas no Centro Comercial As Termas.A película...
Continúan engadíndose amigos de Pradolongo por Galicia adiante. Sabemos que Pradolongo foi a película máis taquilleira da fin de semana en Vigo, así que o equipo chega coas pilas cargadas...
Pradolongo superou na súa primeira fin de semana en Ourense ao resto das películas en cartel, todas elas americanas. A película fixo máis de 1.200 espectadores nun só cine e...
Logo dos ánimos collidos en Ourense o equipo dispónse a presentar en institutos, facultades e asociacións a película. Pradolongo estará nos cines Gran Vía de Vigo nos Cines Norte a partir...
(Foto: Miguel Villar / La Voz de Galicia) O xoves pola noite tivo lugar en Ourense a estrea de Pradolongo, nun cine cheo a rebosarA proxección rematou con máis de cinco...
Logo da estupenda acollida en Valdeorras a película presentáse a partir do 24 de marzo en Ourense (estará no cine a partir do xoves 27). O seu director Ignacio Vilar...
* Ver información sobre a película así como fotos e vídeos do equipo, dos actores, dos castings... * Deixar os teus comentarios e as túas impresións, tanto se...
Pois sí, logo dunha semana en cartel en tan só dous cines de A Rúa e O Barco de Valdeorras, Pradolongo chegou á incrible cifra de 6.000 espectadores. Tanto o cine...
Cada usuario rexistrado pode subir as súas fotos. Unha vez que accede co nome de usuario e contrasinal ten que picar en "Submit New Gallery Entry" (só aparece cando entras no teu propio perfil), buscalas no ordenador e engadilas. E poñerlles a cada unha un título e unha descripción.
Hai que coidar que estean en posición horizontal, porque as fotos verticais veríanse torcidas.
Pódense subir ata 10 fotos, tantando que non pesen maís de 350 k. Se tes dúbidas ponte en contacto co administrador no mail pradolongo@albertojackson.com
* Ver información sobre a película así como fotos e vídeos do equipo, dos actores, etc...
* Deixar os teus comentarios e as túas impresións, tanto se xa viches o filme como se aínda non. Podes comentar case todas as seccións, vai onde queiras e di o que che pareza!!
· Se queres deixarlle un comentario a Rubén Riós preme aquí
· Se queres deixarlle un comentario a Tamara Canosa preme aquí
· Se queres deixarlle un comentario a Roberto Porto preme aquí
* Podes rexistrarte , crear un perfil propio, e facerte amigo/a Pradolongo. É ben sinxelo...e de balde.
* Se te rexistras poderemos enviarche información da película, das súas presentacións, e ser testemuña privilexiada de como vai crecendo o fenómeno Pradolongo.
* Os usuarios rexistrados poderedes subir fotos, vídeos, e ata ter un blog propio para compartir o teu Pradolongo se así o queres. A mandar!
* Novo: a petición popular habilitamos un Faladoiro (¡chat!). Atento/a aos anuncios para poder volver a falar con Rubén, Tamara e Roberto.