DENDE O 9 DE DECEMBRO XA PODES MERCAR O DVD E BLU-RAY DE PRADOLONGO
¿Lembras o comezo do verán, o final do instituto, as tardes no río naquelas paisaxes que serán sempre as da túa mocidade?
¿Lembras cando estabas a piques de facerte maior, de aprender o mundo, cando todo era posible?
Benvidos a Pradolongo
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...
Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.
Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.
Unha vez máis, PRADOLONGO volve marcar un fito na cinematografía galega ao editarse no novo formato en alta definición Blu-Ray. Artigo publicado en La Voz de Galicia.
Na súa XIIIª Edición, o Festival Internacional de Cine de Ourense decide crear un Premio Especial para PRADOLONGO "porque nos apetecía recoñecer o bo traballo e a imaxe que trasmite...
O Xurado destaca desta cinta rodada en Valdeorras a brillante representación dos valores paisaxísticos, culturais e sociais do entorno onde foi rodada.
· O Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" otórgall a Zeltia Montes o Premio á Mellor Música en Longametraxe pola banda sonora da película.
Podes ler o artigo de Faro de Vigo. Por Lois Docampo. Ligazón: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008060400_19_230943__DezaTabeirosMontes-promocion-made-Galicia
O mércores 7 de maio Ignacio, Rubén, Tamara e Roberto estarán en Lugo presentando a película, onde ás 20:00 protagonizarán unha sesión de firmas no Centro Comercial As Termas.A película...
Continúan engadíndose amigos de Pradolongo por Galicia adiante. Sabemos que Pradolongo foi a película máis taquilleira da fin de semana en Vigo, así que o equipo chega coas pilas cargadas...
Pradolongo superou na súa primeira fin de semana en Ourense ao resto das películas en cartel, todas elas americanas. A película fixo máis de 1.200 espectadores nun só cine e...
Logo dos ánimos collidos en Ourense o equipo dispónse a presentar en institutos, facultades e asociacións a película. Pradolongo estará nos cines Gran Vía de Vigo nos Cines Norte a partir...
(Foto: Miguel Villar / La Voz de Galicia) O xoves pola noite tivo lugar en Ourense a estrea de Pradolongo, nun cine cheo a rebosarA proxección rematou con máis de cinco...
Logo da estupenda acollida en Valdeorras a película presentáse a partir do 24 de marzo en Ourense (estará no cine a partir do xoves 27). O seu director Ignacio Vilar...
Cada usuario rexistrado pode subir as súas fotos. Unha vez que accede co nome de usuario e contrasinal ten que picar en "Submit New Gallery Entry" (só aparece cando entras no teu propio perfil), buscalas no ordenador e engadilas. E poñerlles a cada unha un título e unha descripción.
Hai que coidar que estean en posición horizontal, porque as fotos verticais veríanse torcidas.
Pódense subir ata 10 fotos, tantando que non pesen maís de 350 k. Se tes dúbidas ponte en contacto co administrador no mail pradolongo@albertojackson.com
Ollo, para deixar comentarios hai que terse rexistrado!!
A BSO DE PRADOLONGO, NOMEADA ENTRE AS 5 MELLORES DO 2008 NOS PREMIOS "MundoBSO"
O 6 de xaneiro saíron publicados os premios MundoBSO que otorga a web www.mundobso.com, que incriblemente é a maior web de bandas sonoras comentadas do mundo, e estamos nominados como unha das 5 Mellores Bandas Sonoras españolas do 2008!!!
Son o premios de votación popular, da xente que va ao cine e compra o discos, dos afeccionados. Son premios simbólicos, sen trofeo ou remuneración, pero que expresan os gustos da xente.
A categoría de mellor banda sonora española, os finalistas son:
Pradolongo (Zeltia Montes) Camino (Rafael Arnau, Mario Gosálvez) La conjura de El Escorial (Alejandro Vivas) Los crímenes de Oxford (Roque Baños) El lince perdido (Sergio de la Puente)
Agora abriuse a nova fase onde a xente votará a súa favorita, o resultado farase público o 16 de xaneiro.
Tag:
O que di a xente sobre Pradolongo
olaa!!
6insitutos nun so dia?
non esta nada mal a verdade....
aber cando vos toca vir polo instituto de monterroso......
* Ver información sobre a película así como fotos e vídeos do equipo, dos actores, etc...
* Deixar os teus comentarios e as túas impresións, tanto se xa viches o filme como se aínda non. Podes comentar case todas as seccións, vai onde queiras e di o que che pareza!!
· Se queres deixarlle un comentario a Rubén Riós preme aquí
· Se queres deixarlle un comentario a Tamara Canosa preme aquí
· Se queres deixarlle un comentario a Roberto Porto preme aquí
* Podes rexistrarte , crear un perfil propio, e facerte amigo/a Pradolongo. É ben sinxelo...e de balde.
* Se te rexistras poderemos enviarche información da película, das súas presentacións, e ser testemuña privilexiada de como vai crecendo o fenómeno Pradolongo.
* Os usuarios rexistrados poderedes subir fotos, vídeos, e ata ter un blog propio para compartir o teu Pradolongo se así o queres. A mandar!
* Novo: a petición popular habilitamos un Faladoiro (¡chat!). Atento/a aos anuncios para poder volver a falar con Rubén, Tamara e Roberto.