PUBLICIDADE
Martes, 02 de decembro de 2008
Banda sonora de Pradolongo
'No niño novo do vento' volve soar na voz de Batallán

Redacción .  O artista volve gravar, por primeira vez dende os 70, este tema inspirado na cantiga neotrobadoresca de Cunqueiro, para integrala na banda sonora do filme de Ignacio Vilar Pradolongo, producida por Vía Láctea.

Reloxo 14.12.2007 | 14:14

Os tres protagonistas Os tres protagonistas

A gravación será ás 17.00 deste venres nos Estudios Bruar, da Coruña. A versión orixinal da canción de Luís Emilio Batallán acompañarase, desta volta, dunha orquestración especial para facela máis cinematográfica. Este tema e as montañas de Valdeorras tecen o pano de fondo de Pradolongo

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia: Raquel (Tamara Canosa, colaboradora de ANT Diario), Martiño (Rubén Riós), e Armando (Roberto Porto) acaban de cumprir a súa maioría de idade, e prepáranse para un verán na aldea: festas, tardes no río... Pero os sentimentos amorosos e os intereses de clase, ao aparecer a posibilidade da venda de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, á louseira do pai de Armando, cambian a relación entre eles.


Ignacio Vilar rodou a historia entre o 16 agosto ao 28 de setembro de 2007, na comarca ourensá de Valdeorras: a lagoa de Ocelo en Pena Trevinca, as canteiras de lousa no concello de Carballeda de Valdeorras, a aldea de Robledo en Vilamartín, que o autor xa reflectira nos seus traballos Un bosque de música e A aldea: o antigo e o novo, ademais do dialecto de transición entre o galego lucuauriense e o berciano, son algunhas das marabillas que configuran o escenario.

Aquí podemos ver un adianto: 

Actores consagrados e novas promesas no elenco


Para escoller os novísimos actores, realizouse un casting polos institutos da Rúa, O Barco, Carballeda, Viana do Bolo, Quiroga, O Carballiño, Ribadavia, Verín e Xinzo da Limia, entre rapaces e rapazas de entre 16 e 18 anos, galegofalantes e con dotes interpretativas. De aí saíron Roberto Porto, Cristina Rodríguez e Laura Álvarez.

Outros actores xa consolidados como Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Carlos Sante, Antonio Mourelos, Belén Constenla e Pepo Suevos completan o elenco, ademais de Sheila Fariña, Olalla Salgado, Ricardo de Barreiro, Marián Bañobre, Fernando Dacosta, Marcos Vieitez, Antón Olmos, Avelino González, Manolo Cortés, Elena Seijo, Isabel de Toro e Paulo Serantes.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil