|
| |
| |
A partires deste venres estrease Pradolongo, a última película de Ignacio Vilar. O proceso ábrese por A Rúa de Valdeorras este mesmo venres, 14 de marzo, e seguirá o 28 na capital ourensá, para, xa en abril, chegar o
4 áVigo, o 11 o fará na Coruña e rematará o 18 en Pontevedra e Narón. "A película propón unha visión naturalista e 100 % galega do contraste entre a Galicia "verde" fronte ao desenvolvemento industrial representado polas empresas louseiras", sinala o seu director.
|
| |
| |
|
|
| Pradolongo estréase este venres na Rúa de Valdeorras e chegará o 24 a capital ourensá |
 |
| 14 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL |
 |
|
|
|
Este venres 14 de marzo a comarca de Valdeorras acollerá a preestrea de PRADOLONGO, o filme dirixido e producido por Ignacio Vilar ("Un bosque de música", Ilegal") que ten como protagonista a Rubén Riós ("Libro de Familia"), Tamara Canosa ("Días Azuis", Heroína") e Roberto Porto (quen interpreta o seu primeiro papel logo de xurdir dun casting efectuado en institutos de Ourense e Lugo)
A película propón unha visión naturalista e 100 % galega do contraste entre a Galicia "verde" fronte ao
|
 |
|
|
desenvolvemento industrial representado polas empresas louseiras, como fondo dunha historia de iniciación protagonizada por tres rapaces que chegan á maioría de idade e vense obrigados a reconsiderar os seus soños.
Rodada vinte anos despois de Sempre Xonxa e case nas mesmas localizacións de Valdeorras, o director Ignacio Vilar retoma o espírito daquel filme mítico
Producida por Vía Láctea Filmes, Pradolongo conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense, así como coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual e Turgalicia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|