Marcos Nine: ´Existe unha grande desconexión entre as produtoras e os distintos traballos que se fan hoxendía en Galicia´

02-12-2008

Volvemos a nosa atención á figura dun freelance do audiovisual galego, un creador híbrido (e mutante) que se adapta ás esixencias da industria mais sen perder a mirada propia. A Axencia Audiovisual Galega ten o gusto de conversar con Marcos Nine, o director da curtametraxe documental A FABRICA.

Comentarios  (1) Comentarios

A prestixiosa canle de televisión ARTE entrevistou a Oliver Laxe

02-12-2008

Está claro que Oliver Laxe e a súa obra non deixa a ninguén indiferente. Desta volta volvemos a saber del a través dunha entrevista que lle fixo a afamada canle de televisión francesa Arte.

Comentarios  Comentarios

´Manuel e Elisa´, de Manuel Fernández Valdés, no Málaga Market 08

01-12-2008

O documentario de creación ´Manuel e Elisa´ de Manuel Fernandez Valdés estará presente no Malaga Markets 2008 dentro da sección "Nacido en Málaga" que terá lugar os días 1,2 e 3 de decembro.
Comentarios  Comentarios

Premios para Claudia Brenlla e Francesco Taboada no Festival XOM de Betanzos

01-12-2008

O Festival Xanela ao Mundo de Betanzos especializado en documentarios sociais, clausurouse o sábado cun acto na Igrexa de San Francisco. Os premios foron para "O Clube dos sen teito", da cineasta galega Claudia Brenlla, e "Pancho Villa, la Revolución ha terminado", do mexicano Francesco Taboada.
Comentarios  Comentarios

Listaxe de proxectos seleccionados na segunda convocatoria de 2008 do Programa Ibermedia

01-12-2008

Un total de 82 proxectos cinematográficos de toda Iberoamérica resultaron beneficiados na segunda convocatoria de 2008 del Programa Ibermedia, que finalizou este venres 28 de novembro en Montevideo, Uruguay. En dita rtesolución aparecen tres proxectos con participación galega: "Agua fría de mar" e "Que culpa tiene el tomate", os dous de Tic Tac Produciones e "Meigallos" de Continental animación.

Comentarios  Comentarios

DSK prensentan a exposición ´Codeco´ na Fundación Seoane da Coruña

01-12-2008

O pasado venres 21, DSK (Juan Lesta & Belén Montero) presentaron unha nova exposición codeco. Está tendo lugar na Fundación Luis Seoane da Coruña entre os días 21 de novembro ao 11 de xaneiro.

Comentarios  Comentarios

Aberta a convocatoria para os premios Mestre Mateo 08

01-12-2008

As empresas produtoras e os profesionais do audiovisual galego poden presentar dende hoxe os seus traballos para optar aos premios Mestre Mateo 08, que coma cada ano convoca a Academia Galega do Audiovisual. O prazo de presentación pecha o día 2 de xaneiro e, unha vez rematado o proceso de votación dos nomeados terá lugar a tradicional Gala dos Premios, no mes de abril de 2009.
Comentarios  Comentarios

Tres pemios en un fin de semana para ´A revolta dos mouses´

01-12-2008

Parece que a finde de estrea d´A REVOLTA DOS MOUSES na TVG lle trouxo sorte e conseguiu algo que está ao alcance de moi poucas curtametraxes conseguir 3 premios nunha mesma fin de semana!!

Comentarios  Comentarios

SEGUNDO ANIVERSARIO DA AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA

28-11-2008

Parece que foi hai moito tempo, mais tan só pasaron dous anos, nen sequera unha lexislatura, desde que tal día como hoxe comezara a súa andaina a Axencia Audiovisual Galega. Foi un parto difícil mais a súa creación foi motivada para intentar conducir unha política audiovisual propia e singular. O seguinte memorandum da Axencia Audiovisual Galega quere conmemorar este aniversario e, a súa vez, facer reflexión sobre o que foi o pasado e para onde se camiña o futuro do audiovisual galego.

Comentarios  (14) Comentarios
#

Peque Varela: “Síntome moi feliz por todo o apoio que me está a vir desde Galicia”

25-11-2008

A Axencia Audiovisual Galega tivo a posibilidade de pararse a falar con Peque Varela entre viaxe e viaxe que a realizadora está a facer acompañando a carreira festivaleira da súa curta 1977. Esta ferrolana, da barrio de Caranza, presentouse ao mundo con esta extraordinaria peza de animación converténdose na revelación absoluta do ano no audiovisual galego.

Comentarios Comentarios

#

O Programa Raíces apoiará con 80.000 euros o documental arxentino ´Pare, mire, escuche´

28-11-2008

A nova edición do Festival de Cine Iberoamericano que se celebra na cidade andaluza de Huelva foi o lugar escollido para a celebración da reunión ordinaria do Programa Raíces na que, entre outros importantes acordos, se decidiu apoiar con 80.000 euros á produción documental Pare, mire, escuche , das produtoras Dos Treinta y Cinco Producciones Cinematográficas, S.L. (Galicia), Uzala Films (Andalucía), Hiperkinesis e 16 M (Arxentina).

Comentarios (3) Comentarios

#

´Liverpool´, de Lisandro Alonso, consegue o premio a mellor película no Festival de Cine de Xixón

30-11-2008

Un dos cineastas máis queridos pola dirección do festival conseguiu convencer ao xurado e gañar o grande premio. Outra personalidade de gran importancia para o certame, Claire Denis, recibiu o premio especial do xurado por "35 Rhums", mentres "Ballast" copou tódolos premios de interpretación e a mediocridade "Stella" de Sylvie Verheyde é o único punto negro do palmarés. "Waltz with Bashir", vista o último día de competición, formou tamén parte do palmarés coa concesión do premio a mellor fotografía. Miguel Balanco Hortas achéganos a última crónica do Festival de Cine de Xixón, o evento cinematográfico máis importante de España. 

Comentarios (1) Comentarios

O proxecto ´Agua fría del mar´, de Tic Tac Produciones, conseguiu o Torino FilmLab

28-11-2008

"Agua fría del mar" é un proxecto da directora costarricense Paz Fábregas que acaba de gañar o Torino FilmLab do Festival de Torino (Italia). Este é un proxeto coproducido por Tic Tac Produciones.

Comentarios Comentarios

O CLAG afondará no audiovisual en plastilina e na dobraxe ante máis de 1.000 escolares no Cultur.gal

27-11-2008

Máis de 1.000 escolares da Coruña van ter oportunidade, por primeira vez, de adentrarse nalgúns dos momentos máis creativos e sorprendentes do proceso de produción de series e películas e descubrir as técnicas da dobraxe e da animación en plastilina, que serán amosadas en dous obradoiros prácticos ‘Ponlle voz’ e ‘Ponlle vida’ que organiza o Clúster Audiovisual Galego, CLAG, dentro da programación da feira Cultur.gal, que se celebra en A Coruña, do 4 ao 7 de decembro.

Comentarios Comentarios

O filme portugués “A zona”, de Sandro Aguilar, supera tódalas expectativas e convértese na obra de referencia do Festival de Xixón

27-11-2008

Nunha gran xornada, aparte do traballo de Sandro Aguilar, puxéronse obras de entidade como "Ballast" de Lance Hammer, a primeira sesión do director experimental Peter Tscherkassky, o insulto gamberro que Albert Serra fai a Chaplin en "Fiasco" ou o monumento anticapitalista "An injury to one", dentro do ciclo "A utopía Ianqui", que dirixiu Travis Wilkerson en 2002. Noso corresponsal Miguel Blanco Hortas apesares de ir acumulando días de festival segue puntual a súa cita.

Comentarios Comentarios

#

Telefónica Movistar e Dygra Films asinan un acordo estratéxico de colaboración

27-11-2008

Telefónica Movistar e os estudios de animación Dygra Films presentan o próximo martes, 2 de decembro, o acordo estratéxico de colaboración que suscribiron co horizonte posto no ano 2010 e que contempla un proxecto conxunto que contará con unha ampla repercusión a nivel nacional.

Comentarios Comentarios

#

Presentación do segundo número dos ´Papeis da Academia´

27-11-2008

O venres, 28 de novembro, ás 12h30, no Teatro Principal de Santiago de Compostela vai ter lugar a presentación do segundo número dos Papeis da Academia.

Comentarios Comentarios

As comisións de expertos das axudas ao sector audiovisual no período 2001 ao 2007

15-07-2008

A Axencia Audiovisual Galega fai pública a relación de comisionados que conformaron as axudas da Consellaría de Cultura do 2001 ao 2007. Esta listaxe de membros foi configurada tendo en conta as actas de reunión que están nos arquivos da Axencia Audiovisual Galega.
Comentarios Comentarios

#

´Un conto para Olivia´, de Manane Rodríguez, sigue na carteleira

28-11-2008

Apesares de que co inicio do mes de dicembro as pantallas coruñesas encheranse de ratos e outros bichos das multinacionais, a boa acollida que o público coruñés a dispensado a UN CONTO PARA OLIVIA levou aos cinemas Filmax a mantela en programación.

Comentarios Comentarios

O cinema físico e intuitivo de Claire Denis volve con “35 Rhums”

28-11-2008

Catro anos despois da obra magna "L’intrus", Claire Denis firma na súa volta ao cinema unha historia aparentemente menos ambiciosa, pero que segue as liñas maestras da obra clave da súa filmografía. No mesmo día, decepcionou na Sección Oficial "Una semana solos", segundo traballo de Celina Murga, mentres que o gran mestre Peter Tscherkassky deu una lección de coherencia e risco coas súas curtas en cinemascope. O noo corresponsal Miguel Blanco Hortas apura os últimos días do Festival de Cinema de Xixón.

Comentarios Comentarios

Cen produción audiovisuais galegas dos últimos dous anos exhibiranse no Cultur.gal dentro do "Panorama Galiza"

27-11-2008

O Cultur.gal 08 acolle a exhibición dun cento de producións cinematográficas galegas dentro do programa "Panorama Galiza", para dar a coñecer a variada e abundante produción galega contemporánea. Esta proposta elaborada pola Axencia Audiovisual Galega da Consellaría de Cultura e Deporte abrangue longametraxes e curtametraxes de ficción, animación e documentais dos anos 2007 e 2008, na súa maioría de produción independente.

Comentarios Comentarios

´O soldadiño de chumbo”, de Tomás Conde e Virginia Curiá, estrearase no Museo do xoguete de Allaríz

27-11-2008

Despois dun ano de intenso traballo, Tomás Conde e Virginia Curiá remataron a curtametraxe de animaión O SOLDADIÑO DE CHUMBO. Este filme estrearase no Museo do Xoguete en Allaríz, o venres, 12 de decembro, ás 20h30. Esta curtametraxe é unha produción de continental foi subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte.

Comentarios Comentarios

Subscrición ao boletín
Subscribe ao noso boletín e recibirás novas e informes na túa conta de correo.
Aquí: Inscrición
Efemérides
1948: Inauguración do Teatro Colón da Coruña con actuacións musicais. O edificio é obra do arquitecto Jacobo Rodríguez Losada. A primeira pelicula foi La vida secreta de Walter Mitty (3 de decembro).
Literama do día
Como acadar e cimentar solidamente a nosa produción? Moi sinxelo: comezando hoxe mesmo a producir, non importa qué clase de cine. Trala práctica diaria ven a perfeción e despois xurde o estilo. (Enrique Barreiro, 1932)
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade