¿Lembras o comezo do verán, o final do instituto, as tardes no río naquelas paisaxes que serán sempre as da túa mocidade?

¿Lembras cando estabas a piques de facerte maior, de aprender o mundo, cando todo era posible?

 

Benvidos a Pradolongo


Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.

Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.

Porque todos temos un Pradolongo. ¿Cal é o teu?

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

9 DE DECEMBRO: SAÍDA Á VENDA DE PRADOLONGO EN BLU-RAY, DVD e CD!

Unha vez máis, PRADOLONGO volve marcar un fito na cinematografía galega ao editarse no novo formato en alta definición Blu-Ray. Artigo publicado en La Voz de Galicia.

Ler +

PRADOLONGO RECIBE O "PREMIO ESPECIAL" DO FESTIVAL DE OURENSE

Na súa XIIIª Edición, o Festival Internacional de Cine de Ourense decide crear un Premio Especial para PRADOLONGO "porque nos apetecía recoñecer o bo traballo e a imaxe que trasmite...

Ler +

PRADOLONGO GAÑA O PREMIO “CIUDAD DE SAN SEBASTIAN FILM COMMISSION”

  O Xurado destaca desta cinta rodada en Valdeorras a brillante representación dos valores paisaxísticos, culturais e sociais do entorno onde foi rodada.  

Ler +

ZELTIA MONTES GAÑA O PREMIO JERRY GOLDSMITH POLA MÚSICA DE PRADOLONGO

·    O Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" otórgall a Zeltia Montes o Premio á Mellor Música en Longametraxe pola banda sonora da película. 

Ler +
100%
-
+
4
Show options
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com

Fotos dos amigos de Pradolongo

 

Ollo, para deixar comentarios hai que terse rexistrado!!

Amigos Pradolongo. Entra coa túa conta ou crea unha

O que di a xente sobre Pradolongo

olaa!! 6insitutos nun so dia? non esta nada mal a verdade.... aber cando vos toca vir polo instituto de monterroso......
30/11/08 17:19 Máis...
por soki_crazy69

ola!
olaa!! encantoume esta pelicula... ao comezo,pensaba que era un rollo,,,pero despois dinme de conta de qe era unha pre...
30/11/08 00:00 Máis...
por soki_crazy69

:) ;) es mu bonita la pelicula en serio me gusto muxo me tienes k dar tu msn y el de los demas jejeje
03/11/08 22:45 Máis...
por noeloka_peke

Solicitude de información
Bon día. Son Miguel Gutiérrez, membro da Asociación Cultural Arrincadeira de Riotorto en Lugo. Gustarianos moito poder ...
04/06/08 09:40 Máis...
por reborica

son do manuel garcia barros e hoxe vin por primeira pero non ultima a pelicula de pradolongo q m encantou gustariam ...
03/06/08 21:46 Máis...
por olalla gz

Enquisas

E se Pradolongo agacha un valioso xacemento de lousa?
 

Últimos vídeos

la famosa ESCENA FINAL DE PRADOLONGO
Pradolongo

Que podes facer aquí?

* Ver información sobre a película así como fotos e vídeos do equipo, dos actores, etc...

 

* Deixar os teus comentarios e as túas impresións, tanto se xa viches o filme como se aínda non. Podes comentar case todas as seccións, vai onde queiras e di o que che pareza!!

        · Se queres deixarlle un comentario a Rubén Riós preme aquí

        · Se queres deixarlle un comentario a Tamara Canosa preme aquí

        · Se queres deixarlle un comentario a Roberto Porto  preme aquí


    * Podes rexistrarte , crear un perfil propio, e facerte amigo/a Pradolongo. É ben sinxelo...e de balde.


    * Se te rexistras poderemos enviarche información da película, das súas presentacións, e ser testemuña privilexiada de como vai crecendo o fenómeno Pradolongo.


    * Os usuarios rexistrados poderedes subir fotos, vídeos, e ata ter un blog propio para compartir o teu Pradolongo se así o queres. A mandar!

 

   * Novo: a petición popular habilitamos un Faladoiro (¡chat!). Atento/a aos anuncios para poder volver a falar con Rubén, Tamara e Roberto.

 

 

 

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

Faladoiro Pradolongo (¡CHAT!)

Temos 3 convidados online