ZELTIA MONTES GAÑA O PREMIO JERRY GOLDSMITH POLA MÚSICA DE PRADOLONGO PDF Imprimir Correo-e

·    O Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" otórgall a Zeltia Montes o Premio á Mellor Música en Longametraxe pola banda sonora da película.

 

Temos o pracer de informar que a música de Pradolongo, da man da súa compositora Zeltia Montes, ven de facerse co premio máis importante dos que se conceden no congreso internacional especializado en música de cine "Ciudad de Úbeda".
 
Este congreso é un evento de carácter internacional adicado especialmente á música cinematográfica, no que durante catro días teñen lugar proxeccións, charlas e concertos ao que asisten os recoñecidos profesionais. Ao certame deste ano asisten entre outros Jaume Balagueró, Carles Cases, Christopher Slaski, Roque Baños, Juan Antonio Bayona e Alberto Iglesias.
 
No Congreso concédeselle cada ano unha atención especial aos novos compositores da man do premio Jerry Goldsmith a novos creadores, que sirven como recoñecemento e apoio aos compositores que se están iniciando no eido audiovisual. Como sinalamos, a gañadora desta edición é Zeltia Montes pola música de PRADOLONGO.
 
Nacida en 1979, Zeltia é compositora de música para cine, televisión e música contemporánea. Cursou estudios no Real Conservatorio de Música de Madrid, na Escola de Música de Madrid e na prestixiosa ¨Berklee College of Music¨, onde se especializou en música de cine e onde se graduou obtendo  unha dobre licenciatura nas especialidades de Composición e Films Scoring, recibindo o máximo premio Fin de Carreira Summa Cum Laude. Foi elexida compositora da nova orquestra Berklee Contemporary  Symphony Orchestra paraa tempada 2007 - 08, e da prestixiosa Orquesta de Música Contemporánea ALEA III. Dende maio de 2008 reside en Los Ángeles.
 
Logo do seu exitoso paso polas salas comerciais, PRADOLONGO será proxectada este verán por toda Galicia nas sesións especiais de cine de verán nas que colabora Mr. Misto e a Deputación de Lugo.

Só os usuarios rexistrados poden escribir comentarios.
Por favor valídate ou rexístrate.


Engade como favorito (52) | Cita este artigo no teu sitio | Vistas3278 | Imprimir | Correo-e

Ti podes deixar o primeiro comentario
_AKOCOMMENT_RSS

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl
< Ant.   Seg. >