O verán presentábase como todos os demáis, con festas, tardes no río, excursións a Pradolongo...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha laguna glaciar. É propiedade dos pais de Martiño, quen ya comezan a notar os achaques tras toda unha vida de duro sacrificio no campo.
Pero pode que ese lugar agache un tesuoro. A comarca progresou gracias á calidade da louxa que se exporta a todo o mundo e Roi -irmán de Martiño- pon todo da súa parte para facilitar as prospeccións en Pradolongo, que poden cambiar a vida da familia. Ante elo Martiño, de espíritu emprendedor e teimudo, cre que existen outras alternativas.
A louxeira interesada é propiedade da familia de Armando, un rapaz acomodado que xunto a Raquel e Martiño conforman un estreito grupo de amigos da infancia. E os tres están a punto de descubrir o que significa facerse maior: as responsabilidades, os desenganos...así que o amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo obrigaraos a que se replanteen os seus sonos e os vínculos que os manteñen unidos dende a infancia.