Ola!!
Preguntades cal foi a secuencia máis compricada?Ben, esta sí que a teño clariña de todo. Xa nolo teñen preguntado nalgún sitio...pra min a escea na lagoa...son un pouco hidrofóbica e meterme no medio dunha lagoa que puña nervioso até o socorrista...paseino mal. Direille as fans de Rubén que está vivo de miragre, porque o mandei o fondo unhas cantas veces...o pobre nin se queixaba para non me poñer máis nerviosa, pero pasouno mal. Imaxinádevos estar na auga cunha tipa que vos afunde cada tres segundos...
Esa foi para min a máis dura sen dúbida, e ademáis con tan mala sorte que foi a única de toda a película que tivemos que repetir outro día!!!
Estas cousas...
Mil bicos para todos e todas, non quero ser pesada...pero non podo evitar darvos as gracias outra vez!!!Só os usuarios rexistrados poden escribir comentarios. Por favor valídate ou rexístrate. Engade como favorito (27) | Cita este artigo no teu sitio | Vistas1273 | Imprimir | Correo-e
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com All right reserved |